Thursday, September 08, 2022

WELCOME BACK TO SCHOOL

    We are back!!! 
Xa estamos de volta!!! 

En principio, comezamos un curso dentro da normalidade, sen restricións sanitarias de ningún tipo, o que vai facilitar moito o proceso de ensino-aprendizaxe. Aquí tedes unhas pequenas pautas para saber como se desenvolverá a clase de inglés.

Lembrade que poderedes seguir as actividades que se fan na aula de inglés a través deste blog, onde serán publicadas 2 veces á semana, concretamente os martes e mércores, que son os 2 días nos que os vosos fillos/as teñen inglés. Aquí atoparedes material de reforzo e ampliación a través de diversos recursos: vídeos, contos, cancións, xogos online... Así, no caso de que o voso fillo/a non asista a clase un día, poderedes ver o que se fixo ese día visitando esta páxina. Tamén podedes usala como reforzo do traballado na aula. 

Welcome back to school!!!


No comments:

Post a Comment